NATUREZA E ENTORNO MARIÑEIRO:

  • BICITUR.Aluguer de bicicletas eléctricas con audioguías para a realización de diversas rutas de turismo mariñeiro pola zona de A Mariña-Ortegal.
  • ACTIVITY ARROÁS.- Espazo dedicado á difusión da cultura e tradición mariñeira a través de diferentes actividades: obradoiros educativos e lúdicos, xogos e xincanas, proxeccións, exposicións, etc.; e distintos materiais e instalacións: paneis informativos (peixes, moluscos, crustáceos, tallas mínimas, artes de pesca, portos de A Mariña-Ortegal,…), barco e fondo submarino con estrutura modular en varias alturas, a máis alta simula a estrutura de barco (bodega, cuberta, ponte,…) e a máis baixa con decoración de fondo marino; organízanse ademáis rutas guiadas ao Porto de Burela, para coñecer a lonxa, os distintos barcos segundo o oficio (arrastreiros, pincheiros, terrafas, boniteiros etc.) e visitas ao Barco Museo Reina del Carmen e similares, rutas pola costa para coñecer o ecosistema mariño e costeiro e fomentar a súa posta en valor e conservación a través de educación ambiental. Está dirixida á visita de grupos de escolares, asociacións, público infantil en xeral.
  • SIMULADOR DE SURF MECÁNICO.- Para escolas ou asociacións de surf, así como para particulares que desexen mellorar a súa técnica a través de adestramentos que incluso se poden gravar e visualizar posteriormente. Tamén en eventos deportivos, recreativos, campionatos de surf…coa finalidade de tecnificación e perfeccionamento.

NATUREZA E ENTORNO MARIÑEIRO AMPLIACION:

  • ARRECIFE SCHOOL: Actividade onde a través de contacontos e varios personaxes infantís do mundo mariño e utilizando decorados específicos do entorno mariñeiro, preséntanse diferentes historias educativas en forma de conto, nas cales os nen@s interactúan de forma continua na historia podendo influír na mesma para rematar con diferentes obradoiros e actividades nas que poden realizalas en compañía de estes personaxes.
  • RECREMAR KIDS. Tanto en Arrecife school como no areal ou dentro da lámina de auga.
    •  Obradoiros en praia, marisma, sendeiro marítimo, cala,…. : A atracción turística deste tipo de actividades está máis que probada en moitos lugares da esfera mundial. A costa Lucense ten zonas costeiras moi axeitadas para este tipo de actividade. De feito estanse empezando a organizar en diferentes concellos co fin de que o turismo sexa activo. Por exemplo, un estudio da pesca, das mareas, do marisqueo, etcétera. Proxectos que axudan a asimilar ós máis pequenos contidos destas materias
    • Xincanas no entorno mariñeiro. Os xogos de colaboración-oposición xa teñen certo atractivo de por si, pero si a isto engadimos a parte refrescante da auga temos o éxito garantido. Este tipo de actividades ou servizos adaptarase ao entorno e por suposto ás diferenzas psicofisiolóxicas dos usuarios das mesmas.
    • Parques acuáticos inchables. A instalación de parques acuáticos inchables pódese realizar tanto en zonas de praia, de ría ou portos. As características destes inchables permítennos movelos con facilidade e non necesitan subministro eléctrico continuo.